Cruceiro en Corvillón

Sinxelo cruceiro formado por unha dobre grada de sección cuadrangular en granito. Pedestal cúbico sobre o que está chantado un fuste poligonal rematado con sinxelo capitel de sección cadrada e sobre este cruz sen figuración de sección cadrada. Está situado nun cruce de camiños, ao carón do palco da música, non moi lonxe da igrexa parroquial de Santa María de Corvillón.

Galería fotográfica

Localización

Cruceiro en Corvillón