Festas na honra a Virxe das Neves en Zarracós

posted in: Festas, Ocio | 0

As festas na honra á Virxe das Neves son a celebración por excelencia da parroquia de Zarracós e teñen lugar na primeira semana do mes de agosto coincidindo coa festividade de dita santa, que é o día 5 de agosto.

O programa festeiro soe estenderse por espazo dunha semana e nel teñen cabida multitude de actividades e actuacións para todos os públicos: campionato de tute, torneo de chave, partido de fútbol, xornada de xogos infantís, karaoke, concerto de acordeóns, alboradas e sesións vermú con charangas, verbenas con orquestras, exposición de fotos antigas…

Podedes atopar máis información na páxina web da asociación de veciños de Zarracós: www.zarracos.org