A oferta gastronómica existente nas parroquias da zona é moita e variada, sendo sen dúbida a máis destacable O Magosto, unha celebración moi arraigada no outono da provincia de Ourense e que consiste na exaltación de dous produtos da terra: a castaña e o viño novo. Así, xeralmente e coincidindo coa festividade do San Martiño, o día 11 de Novembro, as nosas parroquias celebran os seus magostos nos que ademais da castaña e do viño novo teñen cabida outro tipo de alimentos como: a costela de porco, o chourizo, a bica, o licor café, a augardente, …