Xantar popular do San Ceriz en Zarracós

posted in: Festas, Ocio | 0

O Xantar Popular do San Ceriz (tamén coñecido como San Quirico) naceu na parroquia de Zarracós aló polo ano 1999, dende entón, tódolos anos coincidindo coa festividade de dito Santo (16 xuño)  ten lugar unha comida de irmandade.

Así, todos aqueles que se animen a participar nesta cita gastronómica, previo pago do correspondente cuberto (cuxo prezo oscila entre uns 23-25€), poderán degustar un completo e abondante menú á feira composto por: empanada, polbo, carne ó caldeiro, bica, café, viño e licores da terra. Todo ilo, nun ambiente completamente familiar e distendido no que é habitual a música popular e o canto tradicional.

Ó remate do xantar celébrase un campionato do tradicional xogo da chave.