Portada da web

Noticias de interés

Actividades organizadas

Contacto e opinión

A nosa asociación

Multimedia

A nosa parroquia

Enlaces recomendados


Esta web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación - Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

Actualidade
Estreamos o noso Facebook Oficial
Búscanos, e engádenos como amigo

A Asociación de Veciños de San Andrés de Zarracós, unha vez máis, volve a ser pioneira en novas tecnoloxías. Preto de cumprirse oito anos dende a apertura desta páxina web (unha das primeiras de toda a contorna, incluso por de diante de moitos grandes concellos e empresas), hoxe comprácenos comunicarvos a apertura do noso Facebook Oficial.


Facebook Zarracós



Con esta nova iniciativa, pretendemos lograr unha maior difusión de todas as actividades que realizamos, de todas as novas que se produzan, e como non, lograr que o noso Facebook sexa un punto de encontro para toda a veciñanza, para a emigración, para todos os pobos da contorna e para aquelas xentes que senten unha especial atención pola parroquia de Zarracós ou que desexan contactar con nós.

Publidado 24 de Xaneiro do 2012 Compartir
Clausura Manualidades 2011
Celebrada o pasado Domingo, día 22 de Xaneiro do 2012

O pasado Domingo, día 22 de Xaneiro de 2012, tiña lugar a xa tradicional cerimonia de clausura do Cursiño de Manualidades, correspondente ao ano 2011.Unha celebración que se consolida, e que se esta a converter nun dos múltiples festexos que se conmemoran na parroquia ao longo do ano.


Esta nova edición, contaba con dúas novidades moi salientables con respecto  a pasadas citas: por primeira vez o novo local socio cultural da parroquia de Zarracós acollía  unha exposición deste tipo, e ademais,  tamén se estreaba a novo sistema colga-cadros que a Asociación instalou neste local. Sen dúbida, dúas novidades que axudaron a dar unha maior vistosidade a esta exposición.


Exposición,a que asistiron preto dun cento de persoas, chegadas de todos os puntos da parroquia e dos pobos limítrofes. Así, no novo local socio-cultural puideron admirar unha gran exposición dos traballos realizados ao longo do devandito curso: pratos decorados con diversas técnicas, cadros de toda clase(con fíos,en relevo, castelaos, óleos..) , pendentes, colares, aneis, obxectos restaurados, mantelería e un largo etc de orixinais traballos.


Chegado o momento, é como ven sendo costume dende que se leva a cabo esta iniciativa, o Excelentísimo Alcalde do Concello de A Merca e o Tesoureiro desta Asociación pronunciaban o obrigado discurso de clausura, no que se comprometían a seguir apoiando iniciativas destas características, en detrimento doutras (dado o actual ambiente de recortes) ao mesmo tempo que loaban o enorme traballo levado a cabo no curso. Rematado o discurso, as participantes agasallaban ao Concello cun fermoso lapiseiro de madeira.


Tralos actos institucionais comezaba a "paparota", así os que alí estivemos puidemos degustar unha gran variedade de pinchos: froitos secos, tortilla, biscoitos de toda cor e sabor, rosquillas,empanada, bica, refrescos, viño branco e tinto, licores varios,.... en fin, e como soe ser tradicional nas festas que se levan a cabo e como se soe dicir: "non se fartou quen non quixo".


Salientar, que toda esta comida e bebida foi pagada polas asistentes ó curso, e por aqueles veciños que decidiron participar aportando o eu gran de area.

Pulsando na seguinte imaxe poderedes ver unha extensa galería fotográfica, composta por uns 100 arquivos:

  

Clausura Manualidades 2011

Publidado 24 de Xaneiro do 2012 Compartir
Clausura curso de manualidades 2011
Domingo 22 de Xaneiro, ás 5 da tarde

Clausura curso manualidades 2012

Publidado 14 de Xaneiro do 2012 Compartir
¿Tes no teu poder fotos tan antigas como estas?
Colabora con nós!!! e cédenos as túas fotos

Publidado 30 de Decembro do 2011 Compartir
FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO 2012

Publidado 22 de Decembro do 2011 Compartir
1 2 3 4 5 6 Seguinte Última