Esgotados os números para o sorteo de Nadal Zarracós 2018

Graciñas a todos e a todas pola vosa extraordinaria colaboración

Esgotados os números para o sorteo de Nadal Zarracós 2018

Xa non queda ningún número para o Sorteo de Nadal Zarracós 2018 polo que soamente nos queda agradervos enormemente a vosa extraordinaria colaboración con esta asociación.

Tal e como se informa nos carteis, nesta web e nas papeletas, o sorteo dos premios realizarase o vindeiro día 22 decembro do 2018 en base ós números premiados na Lotaría do Nadal. Á maior brevidade posible, publicaremos os gañadores nesta web e tamén llo notificaremos persoalmente.

03 de Decembro do 2018




Destacamos