A parroquia de Zarracós entrega de 289 quilos de alimentos ó Banco de Alimentos de Ourense

Grazas a todas as veciñas e veciños pola vosa máis que extraordinaria colaboración

A parroquia de Zarracós entrega de 289 quilos de alimentos ó Banco de Alimentos de Ourense

A parroquia de Zarracós volveu amosar a súa cara máis solidaria entregando ó  Banco de Alimentos de Ourense a extraordinaria cifra de 289 quilos de alimentos. Unha vez máis a resposta das veciñas e veciños da parroquia non se fixo agardar e a implicación coa campaña "Ante a adversidade, solidariedade" (promovida por esta asociación de veciños) foi máxima dende o primeiro intre, amosando unha enorme sensibilidade coa problemática  da desnutrición entre os máis desfavorecidos e sendo capaces de xuntar entre todos unha cantidade de comida tan excepcional, sobre todo tendo en conta o reducido tamaño da nosa parroquia.

Dende aquí non podemos máis que sentirnos orgullos de formar parte desta gran parroquia, e como non, expresar a nosa profunda gratitude a todas aqueles persoas que se animaron a achegar o seu gran de area. Tamén, non queremos deixar pasar a ocasión sen agradecer a extraordinaria labor social que realizan de xeito totalmente altruísta os centos de voluntarios que todos os días colaboran con distintas ONGs, coma neste caso, o Bancos de Alimentos de Ourense.

Non temos un reconto exacto dos alimentos entregados pero si podemos darvos algúns datos:  máis de 50 litros de leite, máis de 25 litros de aceite, 5 botes de leite en pó, máis de 12 botes de cacao en pó, máis de 30 paquetes de galletas, potitos, cereais, legumes, conservas,pasta, turrón,....

20 de Decembro do 2018




Destacamos