Aviso: colaboración para arranxo e inauguración do campo da festa

Aviso: arranxo e inauguración do campo da festa

AVISO


ARRANXO DO CAMPO DA FESTA

A empresa CRUZVAL xa finalizou a obra contratada co Concello de A Merca. Así, para rematar os pequenos detalles que quedaron pendentes no campo da festa, a Asociación de Veciños asumiu as seguintes intervencións que non figuran no proxecto orixinal:

 

  1. Construción dun paso máis en cada escaleira, construción dunha arqueta ó redor das farolas da parte inferior, prolongación dos tubos de desaugue ata o valado do campo e colocación dos bancos de cemento.
  2. Unha vez finalizada a primeira parte, nivelación con terra e sábrego da parte inferior do campo, quitando a terra da finca que a asociación ten nas Santas e empregando para elo unha escavadora, un pisón de man e un camión.


INAUGURACIÓN

Na asemblea xeral do 19/01/2019 acordouse realizar unha festa de inauguración do campo a tarde-noite do sábado, día 4 de maio do 2019. Sendo a programación inicial prevista a seguinte:

  1. Torneo de baloncesto 3x3
  2. Actuación da Charanga Achicoria (Xinzo de Limia)
  3. Monólogo do humorista Xan Veiga
  4. Un viño e uns pinchos no local sociocultural.

COLABORACIÓN VECIÑAL

Dende a asociación queremos pedir a colaboración económica voluntaria de todos os socios para afrontar os gastos derivados destas dúas actuacións, coa intención de non asumir todo seu valor con cargo ós fondos existentes.

Poderedes deixar a vosa aportación voluntaria xunto ós membros da Xunta Directiva de costume. Unha vez feita a inauguración e finalizada a obra presentaranse as debidas contas.
 

21 de Xaneiro do 2019




Destacamos