XX Edición do Xantar Popular do San Ceriz 2019

Sábado 15 de Xuño do 2019,  ás 14:00h, no campo da festa da parroquia de Zarracós

XX Edición do Xantar Popular do San Ceriz 2019

O sábado 15 de Xuño do 2019, terá lugar a XX Edición do Xantar Popular do San Ceriz. Como ben é sabido por todos, nos últimos tempos o prezo do pulpo experimentou unha importante subida, polo que a  cuota de inscrición para este ano será de 24€ por persoa (1€ menos ca na edición anterior) e de 12€ para rapaces de entre 5 e 10 anos (Mantense o prezo), os menores de 5 anos poderán asistir de valde. O menú será idéntico ós anos precedentes e estará composto por: empanda, polbo,carne ó caldeiro, pan, bica, viño, auga, café e licor.

19 de Abril do 2019




Destacamos