II Serán de Zarracós

Sábado, 29 de xuño de 2019, a partires das 5 da tarde no local sociocultural

II Serán de Zarracós

As alumnas e alumnos do curso de pandeireta e canto tradicional, con motivo da clausura do mesmo, teñen o pracer de convidarvos ó que será o II Serán de Zarracós o vindeiro sábado, día 29 de xuño do 2019, a partires das 5 da tarde no local sociocultural ou no campo da festa se as condicións meteorolóxicas acompañan. Se o ano pasado vos gustou este humilde evento, ide afinando as voces e preparando as pandeiretas, por que abofé que haberá ruxido de ferreñas, cantos tradicionais, uns pinchiños e sobre todo moita moita troula!!!!

Dende a asociación de veciños queremos agradecer a colaboración da empresa Xurxemurxe, encargada de impartir o curso.

 

28 de Maio do 2019




Destacamos