Xa están á venda as rifas para o sorteo da festa das Neves 2019

Un ano máis iniciamos a carreira de fondo para facer posible as festas

Xa están á venda as rifas para o sorteo da festa das Neves 2019

Un ano máis esta Asociación de Veciños asume o enorme reto de facer posible unha nova edición da Festa das Neves. Unha carreira de fondo que comeza dende xa mesmo, polo que xa podedes colaborar mercando rifas para o sorteo de 300 euros o último día da festa. Este ano, si cabe, a vosa colaboración é de máis importancia ca nunca.

Os nosos pobos están sufrindo os efectos devastadores da crise demográfica, cada ano que pasa, a nosa asociación conta con menos membros e por conseguinte con menos xente colaborando nas festas e noutras actividades, factor que complica soster unha festa destas características.

Para que as festas da parroquia de Zarracós sexan posibles, colabora e merca rifas!

 

01 de Xuño do 2019




Destacamos