Proxecto solidario

Instalación dun contedor para tapóns de plástico

 

Proxecto solidario

Dende a asociación de veciños queremos sacar adiante un novo proxecto solidario, facendo partícipes a todos os veciños da nosa parroquia, e por extensión das parroquias limítrofes. Esa iniciativa non é outra que a instalación dun contedor para reciclado de tapóns de plástico no campiño da Igrexa Parrroquial de San Andrés de Zarracós, un lugar de paso que é moi accesible para toda a veciñanza da Broa.

De conseguir o obxectivo, a asociación de veciños faríase responsable de recoller e almacenar todos os tapóns que se xunten e entregalos a distintas ONGs, para que así poidan axudar a aquelas persoas que máis o necesiten, polo xeral, nenas e nenos con dificultades moi diversas.

Cómo axudar?

Para poder financiar este contedor, que ten un custe aproximado duns 400€, dende a asociación de veciños imos por á venda 100 papeletas para o sorteo dun xamón polo módico un prezo de 5€ cada unha.

Así, resultará agraciada aquela papeleta cuxo número coincida coas dúas últimas cifras do primeiro premio do sorteo da Lotería Nacional do día 12 de Outubro de 2020.

No seguinte enlace podedes ver que números hai dispoñibles:

http://www.zarracos.org/proxecto-contedor-tapons/

De antemán grazas a todos e a todos os que vos animedes a colaborar

 

23 de Agosto do 2020




Destacamos