A veciñanza da Broa xa dispón dun contedor solidario de tapóns

Está instalado ó carón da Igrexa Parroquial de Zarracós

A veciñanza da Broa xa dispón dun contedor solidario de tapóns

Grazas á enorme colaboración e implicación da veciñanza da Broa, esta asociación de veciños foi capaz de obter nun curto espazo de tempo a financiación necesaria para instalar un contedor de tapóns solidario ó carón da Igrexa Parroquial de Zarracós, un lugar de paso, que de seguro facilitará que todas aquelas persoas que así o desexen poidan colaborar reciclando tapóns de plástico.

Así, desde hoxe mesmo xa podedes depositar no contedor os tapóns de plástico que vaiades reciclando. Todos os que se xunten van ser destinados á campaña “Tapones para una nueva vida” da Fundación SEUR, coa finalidade de axudar a nenas e nenos con diversas enfermidades que necesitan tratamentos que nestes intres non cubre a Seguridade Social.

Coa finalidade de aportar a maior transparencia posible e motivarvos para reciclar, dende a asociación de veciños habilitamos un novo espazo na nosa páxina web no que poderedes ver cantos quilos de tapóns se levan doado, así como, información do neno/nena que a Fundación SEUR está apoiando actualmente e diversa información sobre os tipos de tapóns que son válidos.

Pulsade no seguinte enlace para ver a sección:

http://www.zarracos.org/tapons.php

Mil grazas polo voso apoio a este proxecto! Agora toca reciclar tapóns!

 

11 de Setembro do 2020




Destacamos