Ó cobro a cota de asociación para o ano 2021

O importe desta será de 80€ por familia asociada, tal e como ven sendo costume nos últimos 20 anos e tal e como se acordou na última asemblea xeral que se puido celebrar.

Ó cobro a cota de asociación para o ano 2021

Infórmase a todos os membros da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós que a cota da asociación para o ano 2021 xa está ó cobro.

O importe desta será de 80€ por familia asociada, tal e como ven sendo costume nos últimos 20 anos e tal e como se acordou na última asemblea xeral que se puido celebrar.

Como moitos sabedes, a causa do coronavirus, esta entidade leva sen recibir ningún tipo de ingreso nos últimos dous anos, isto tivo como consecuencia unha diminución dos fondos existentes ó ter que atender igualmente gastos como: seguro, comisións bancarias, luz eléctrica, carteis, produtos de hixiene covid,...

Así, cos ingresos obtidos, inicialmente darase a alborada con charangas os días 7 e 8 de agosto, e se a situación sanitaria e o Concello da Merca o permitisen iríanse incorporando novas actividades lúdicas tales como: contacontos, concertos, monólogos, actividades infantís,.... nas que se respectarían de xeito estrito as medidas sanitarias esixidas polas autoridades.

De todo isto daranse as debidas contas e o diñeiro sobrante pasará ós fondos da asociación e investirase no ben común da parroquia: adquisición de equipamento, solicitude de subvencións, obras menores,... ou calquera outra cuestión susceptible de ser levada a cabo dende a asociación de veciños.

Así, poderedes facela efectiva xunto ós membros da Xunta Directiva de costume, ou se así o desexades, na conta de ABANCA: ES26 2080 5316 1130 4000 3294, indicando o voso Nome e Apelidos.

Agradecendo a vosa enorme comprensión e colaboración con esta asociación de veciños e esperando que estas pequenas actividades permitan romper a monotonía deste ano e medio.

 

03 de Xullo do 2021




Destacamos