Faixas de protección contra incendios forestais da parroquia de Zarracós

Información adicional sobre a Lei  de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

 

Faixas de protección contra incendios forestais da parroquia de Zarracós
Faixas de protección contra incendios forestais da parroquia de Zarracós

Faixas de protección contra incendios forestais da parroquia de Zarracós
Faixas de protección contra incendios forestais da parroquia de Zarracós

Faixas de protección contra incendios forestais da parroquia de Zarracós
Faixas de protección contra incendios forestais da parroquia de Zarracós

Faixas de protección contra incendios forestais da parroquia de Zarracós

Nos seguintes parágrafos imos tratar de achegar un pouco de luz a polémica creada polo masivo envío de notificacións administrativas ós propietarios de “terras sen limpar”.

Pois ben, segundo a Lei 3/2007 de prevención de incendios, os titulares ou propietarios de parcelas ou terreos situados en solo urbano, urbanizable e núcleo rural teñen a obriga de mantelas nun adecuado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada antes do de 31 de Maio de cada ano. Así mesmo, que se teñen algunha parcela que se atope dentro dunha franxa  perimetral de 50 metros ao solo urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural (franxa verde dos mapas), así como ó redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións situados a menos de 400 metros do monte deberán estar limpas (Artigo 21 da Lei 3/2007).

Ademais, no interior do núcleo de poboación e na totalidade da franxa de protección de 50 metros (franxa verde) non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei:  piñeiro galego, piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrey, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, carqueixa, xesta, carpaza, fento, silva e toxo

As distancias mencionadas mediranse segundo o límite do solo urbano, de núcleo rural e urbanizable ou ben, de ser o caso, dende os paramentos exteriores de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, ou os límites das súas instalacións anexas.

 

07 de Decembro do 2021




Destacamos