VII Concerto de fin de ano Zarracós 2021

Domingo 26 de decembro, ás 18.00h, na igrexa parroquial de Zarracós con aforo reducido e medidas COVID

VII Concerto de fin de ano Zarracós 2021

Este ano volve unha cita que xa se estaba convertendo nun auténtico clásico na parroquia de Zarracós, volve o concerto de Nadal na que será súa sétima edición!

Nesta ocasión vai ser un pouco distinto e nun formato máis reducido no que se extremarán ó máximo as medidas sanitarias, pero no que seguiremos contando con grandes artistas: Grupo de Pandeireta de Zarracós, Baldomero Pavón (Tenor), Alis Vázquez, Iván Pérez (Recantareiro), Marta Justo, Bieito Blanco (Acordeón), Grupo de Acordeóns Bieito Blanco e a Charanga BCB.

Un gran elenco que sen dúbida fará as delicias daquelas persoas que se animen a asistir, por que á cultura é segura cando se respectan as normas sanitarias.

MEDIDAS COVID:

  • O aforo redúcese ó 60% da capacidade da Igrexa Parroquial.
  • Para asistir será necesario retirar unha invitación gratuíta e deixar os teus datos de contacto (Terán preferencia os socios da asociación de veciños). Estas invitacións poderanse conseguir xunto ós membros da Xunta Directiva de costume, chamando ó teléfono 650 18 67 32, nas redes sociais ou enviando un email a correo@zarracos.org
  • O uso de mascarilla será obrigatorio para acceder á Igrexa Parroquial e en todo momento.
  • No intre da entrada deberás portar tamén a invitación que é persoal e intransferible.
  • Deberás desinfectar as mans e os pes na entrada e deixar que che tomemos a temperatura.
  • Os asentos dispoñibles estarán marcados, respecta as normas e séntate nos lugares sinalizados para gardar correctamente as distancias.
  • Acude con tempo para non ter complicacións á hora de acceder.

Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todas as persoas e entidades que fan posible este concerto: Bieito Blanco e a súa escola de música, parroquia de Zarracós, grupo de pandeireta de Zarracós,  Charanga BCB e Xurxemurxe. Mil grazas pola vosa colaboración!

 

09 de Decembro do 2021




Destacamos