Estas son as persoas agraciadas no sorteo do Nadal Zarracós 2021

Noraboa ás persoas gañadoras e mil grazas a todas e todos os que colaborastes

Estas son as afortunadas no sorteo do Nadal Zarracós 2021

Hoxe, mércores 22 de decembro do 2021, tiña lugar o sorteo extraordinario da Lotería do Nadal no que resultaron premiados os seguintes números:

  • 1º Premio: 86148
  • 2º Premio: 72119
  • 3º Premio: 19517

Por tanto as agraciadas do sorteo do Nadal da Festa as Neves Zarracós 2022 son as seguintes:

  • 48 – Ramona Casas Lorenzo de Cobas do Río leva unha fantástica cesta de Nadal.
  • 19 – Manuel Taín Díaz de Zarracós leva un vale de 70€ para gastar en Celanova.
  • 17 – E Maricarmen Quintas Taín de Zarracós leva un vale de 50€ para gastar en Celanova.

Parabéns e moitas grazas a todos e todas as que colaborastes comprando algún número para o sorteo e facedes posible que esta Asociación funcione.

22 de Decembro do 2021




Destacamos