Xantar Popular do San Ceriz 2022

Sábado 11 de Xuño do 2022,  ás 14:00h, no campo da festa da parroquia de Zarracós

Xantar Popular do San Ceriz 2022

Despois de dous anos de "pausa forzosa" a festividade do San Ceriz volve a presencialidade neste ano 2022 (Se nada o impide, crucemos os dedos). Será máis caro que noutras ocasións, pois a pandemia e a guerra de Ucraína están dando lugar a unha suba xeralizada de prezos, pero dende a asociación de veciños consideramos que é importante volver normalizar as celebracións e volver xuntarse para que ese espírito de unión da nosa parroquia non se perda.

Polo tanto, o sábado 11 de Xuño do 2022, terá lugar a XXIII Edición do Xantar Popular do San Ceriz. A cuota de inscrición para este ano será de 27€ por persoa e de 14€ para rapaces de entre 5 e 10 anos , os menores de 5 anos poderán asistir de valde. O menú será idéntico ós anos precedentes e estará composto por: empanada, polbo, carne ó caldeiro, pan, bica, viño, auga, café e licor. 

A data límite de inscrición sera o domingo 5 de xuño de 2022.

26 de Abril do 2022




Destacamos