Nos vindeiros días estarán á venda as rifas para o sorteo da Festa das Neves 2022

Este ano con algunha variación no formato do sorteo, iniciamos a carreira de fondo para facer posible as festas

Nos vindeiros días estarán á venda as rifas para o sorteo da Festa das Neves 2022

Despois de dous anos cunha vida social e cultural reducidas á mínima expresión, este ano a Asociación de Veciños volve asumir o xigante reto de facer realidade unha nova edición da Festa das Neves, máxime tendo en conta que esta será a celebración máis cara dos últimos anos, pois a pandemia e a etapa inflacionista que estamos vivindo tiran dos prezos cara arriba.

Este ano decidimos cambiar un pouco o formato na venda de papeletas, venderanse menos cantidade pero a un prezo de 5€ e cada 2 papeletas regalaremos unha, polo que as probabilidades de obter premio seguen sendo as mesmas, pero á organización facilítanos a recadación.

Por tanto, iniciamos unha nova carreira de fondo que comeza dende xa mesmo, polo que xa podedes colaborar mercando rifas para o sorteo de 300 euros o último día da festa (Domingo 7 de agosto do 2022). Este ano, si cabe, a vosa colaboración é de máis importancia ca nunca.

Os nosos pobos están sufrindo os efectos devastadores da crise demográfica e aínda que o coronavirus serviu para que moitas familias lle desen unha segunda oportunidade ó rural, cada ano que pasa, a nosa asociación conta con menos membros e por conseguinte con menos xente colaborando nas festas e noutras actividades, factor que complica soster unha festa destas características.

Para que as festas da parroquia de Zarracós sexan posibles, colabora e merca rifas

 

01 de Maio do 2022




Destacamos