Disposición do público no 55 Rallye de Ourense ó seu paso polo pobo de Zarracós

Disposición do público no 55 Rallye de Ourense ó seu paso polo pobo de Zarracós
Disposición do público no 55 Rallye de Ourense ó seu paso polo pobo de Zarracós

O vindeiro sábado 18 de xuño de 2022 o  55 Rallye de Ourense Recalvi pasará pola nosa parroquia e para tal efecto a organización habilitou varias localizacións no pobo de Zarracós dende as que o público poderá ver a proba automobilística de xeito seguro.

Polo tanto, un dos principais accesos para ver a competición será dende a estrada de Corvillón a Zarracós e por iso os puntos nos que se poderá instalar o público serán os que se detallan a continuación e os que figuran en cor amarela nos dous planos que axuntamos con este artigo.

  • Campo da festa de Zarracós.
  • Comunal do pobo de Zarracós na baixada da “Casa da Trina”.
  • Cruce do “Garaxe Negro”, tanto pola parte superior da “Casa dos Cabanos” como pola parte inferior da “Antiga Escola” da parroquia.
  • No acceso ás casas da Julita e da Maricarmen da igrexa.
  • No denominado “Cruce das Santas”.

Para consultar información actualizada sempre podedes acudir a páxina web oficial da proba automobilística e consultar máis en detalle:  http://www.rallyeourense.es/Rallye.aspx?ed=55

 

10 de Xuño do 2022




Destacamos