Alberte Montes roubou o sorriso do público no campo da festa de Zarracós

Esta quinta noite de monólogo tivo lugar o mércors día 10 de agosto do 2022

Alberte Montes roubou o sorriso do público no campo da festa de Zarracós

O pasado mércores, día 10 de agosto, o campo da festa de Zarracós congregou a numeroso público disposto a gozar do monólogo de Alberte Montes, e iso a pesares do tormentón que se presentou pola tarde, pero por sorte pola noite escampou e puidose admirar este espectáculo ó aire libre, ó contrario do que ocorrera en 2019 coa contada de Cándido Pazó.

Así Alberte, foi facendo un breve repaso polos tópicos galegos e fiando uns contos noutros para arrincar o sorriso dos presentes no improvisado teatro no que se converteu o campo da festa de Zarracós.

Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a Alberte Montes e Hermanager Producións pola súa profesionalidade, o seu bo facer e o seu bo trato, tamén queremos dar as grazas a Bieito Blanco por sonorizar o evento de xeito totalmente altruísta. Agardamos que esta quinta noite de monólogo fose do agrado de todos os que vos animastes asistir.

Así, para que poidades revivir o vivido, deixamos uns cantos vídeos e na sección galería fotográfica podedes ver algunhas imaxes

14 de Agosto do 2022




Destacamos