Inauguración da reforma do palco da música

Sábado 22 de outubro de 2022, ás 18.00 horas, no campo da festa de Zarracós

 

Inauguración da reforma do palco da música

Ó longo destas semanas estivéronse e estanse realizando traballos para mellorar o local social do Palco da Música,  para nos é unha nova excepcional!, sobre todo tendo en conta o traballo e esforzo que costou acadar este pequeno gran fito, por iso consideramos que é algo que debemos celebrar levando a cabo unha “sinxela” festa de inauguración desta reforma.

O vindeiro sábado, 22 de outubro de 2022, en sesión de tarde a iso das 18.00 horas queremos convidar a todos os veciños e veciñas da parroquia a uns pinchos e un viño é ou refresco no Campo da Festa de Zarracós. (Se as condicións meteorolóxicas fosen adversas trasladaríase a celebración ó interior do local sociocultural).

Seguidamente e para amenizar unha ocasión tan especial, contaremos tamén cunha actuación moi especial, a partires das 19.00 horas actuará en directo o Recanteiro de Luar Iván Pérez que nos deleitará coa súa extraordinaria voz e cunha selección de temas escollidos para tal ocasión.

Ó remate e se aínda quedan ganas de troula continuaremos cunha sesión de música variada para todos os gustos.

 

06 de Outubro do 2022




Destacamos