Inauguración Mural Palco da Música

Sábado 11 de marzo de 2023, ás 17.00 horas, no campo da festa de Zarracós

 

Inauguración Mural Palco da Música

O vindeiro sábado 11 de marzo de 2023, a iso das 5 da tarde, imos levar a cabo unha pequena gran festa para inaugurar o mural que a artista e veciña Ivette Bordera realizou no Palco da Música de Zarracós.

A celebración comezará coas intervencións de Ivette e dalgún representante da asociación de veciños, continuará coa actuación do Grupo de Canto de Pandeireta de Zarracós e para finalizar a asociación ofrecerá unha chocolatada, se así o desexades, podedes traer algo de petiscar e podemos compartir unha pequena merenda entre todas e todos, a asociación encargarase de por a bebida.

O mural pretende ser unha pequena homenaxe ós nosos antepasados, a esas persoas que tanto traballaron, de sol a sol, sen descanso, para que hoxe poidamos gozar de comodidades antes impensables,  e xa de paso, comezar conmemorar o 30 Aniversario da asociación de veciños, que se din pronto.

Dende a asociación de veciños queremos agradecerlle a Ivette o enorme traballo realizado e o excepcional agasallo que nos deixa a parroquia en forma de mural, todo elo feito de xeito totalmente altruísta, por iso, só podemos quitarnos o sombreiro e dar as grazas de corazón.

Esperámosvos no torreiro!

 

19 de Febreiro do 2023




Destacamos