Aviso - Adquisición dun armario para a sancristía da igrexa parroquial

Aviso - Adquisición dun armario para a sancristía da igrexa parroquial

A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós comunica a todos os seus membros que na Asemblea Xeral realizada o pasado sábado, día 18 de marzo do 2023, decidiuse mercar un armario para a Sancristía da Igrexa Parroquial posto que o hai actualmente está bastante deteriorado. O custe de dita compra estímase que será de entre 2.200€ e 2.500€.

En consecuencia, en dita asemblea tamén se estableceu unha cota de 50€ por familia asociada (aínda que tamén será ben recibido calquera donativo). No caso de que sobre diñeiro, este reservarase para en vindeiras anualidades tentar arranxar/restaurar a porta grande de acceso á Igrexa Parroquial.

Ó igual que en anteriores ocasións, toda aportación económica rexistrarase no libro de contas destinado a tal efecto, quedando así constancia de tal xesto ás vindeiras xeracións. Para os pagos en efectivo entregarase un recibo: datado, numerado e selado pola asociación, quedando así constancia do pagamento ou da doazón.

Unha vez mercado e instalado o armario, exporanse as debidas contas nos distintos taboleiros de anuncios da parroquia.

Poderán realizar o seu pagamento ou doazón xunto ó secretario (José Manuel) durante as fins de semana ou a través da conta bancaria da asociación: ES26 2080 5316 1130 4000 3294 (ABANCA), especificando o seu nome e apelidos.

 

19 de Marzo do 2023




Destacamos