Proximamente estarán á venda as rifas para o sorteo da Festa das Neves 2023

Volvemos ó formato tradicional do sorteo e iniciamos a carreira de fondo para facer posible as festas

Proximamente estarán á venda as rifas para o sorteo da Festa das Neves 2023

Un ano máis, iniciamos a carreira de fondo para  facer realidade unha nova edición da Festa das Neves, unha celebración que este ano terá algunha variación en canto a súa programación (o domingo contaremos cun trío musical por primeira vez na historia) pero que terá un coste final similar ó de 2019 ou incluso un pouco por encima debido a alza de prezos que se produciu nos últimos anos por mor dos acontecementos que todos coñecemos.

Así, tal e como ven sendo costume, nos vindeiros días comezaremos a vender papeletas para Sorteo da Festa das Neves 2023 que se celebrará de xeito presencial na noite do 6 de agosto. Este ano decidimos retomar o formato tradicional do sorteo (a pesares de que o ano pasado funcionou bastante ben o formato escollido) e as papeletas terán o prezo dun 1€ e pola compra de 5 unidades regalaremos unha máis, é dicir, 6x5.

Os premios ós que poderás acceder son os seguintes:

  • 1º PREMIO: 200€
  • 2º PREMIO: 100€
  • 3º PREMIO: Lote Zarracós da Tenda do Pepiño de Allariz
  • 4º PREMIO: Lote de queixos de Queixos Feijóo

Para que as festas da parroquia de Zarracós sexan posibles, colabora e merca rifas

 

30 de Maio do 2023




Destacamos