Xantar Popular do San Ceriz 2025

Sábado 14 de Xuño do 2025, ás 14:00h, no campo da festa da parroquia de Zarracós

Xantar Popular do San Ceriz 2025

Un ano máis temos o pracer de presentarvos o cartel da que será a XXVI edición do Xantar Popular do San Ceriz (26 anos que se din pronto). O prezo, aínda que poida considerarse elevado, mantense igual que na edición anterior, por iso dende a asociación de veciños optamos por manter a confianza en Pulpería A Morena ao considerar que é mellor manter a calidade e a fartura deste xantar que andar explorando novos servizos de comida dos que non temos a certeza dun resultado óptimo.

Polo tanto, o sábado 14 de Xuño do 2025, terá lugar a XXVI Edición do Xantar Popular do San Ceriz. A cota de inscrición para este ano será de 33€ por persoa e de 15€ para rapaces de entre 5 e 10 anos , os menores de 5 anos poderán asistir de balde. O menú será idéntico aos anos precedentes e estará composto por: empanada, polbo, carne ao caldeiro, pan, bica, viño, auga, café e licor

A data límite de inscrición será o domingo 8 de xuño de 2025.

03 de Maio do 2025




Destacamos