Serán dúas pasadas tarde-noite do venres 13 de xuño de 2025
Por cuarto ano consecutivo a organización do 58 Rallye de Ourense escolle o tramo A Merca – Celanova que discorre pola nosa parroquia para celebrar esta proba automobilística que puntúa para o Campionato de España. Así, ao igual que o ano pasado, a proba discorrerá pola Broa a tarde-noite do venres 13 de xuño.
O trazado será idéntico ao de edicións anteriores: A Merca, Proente, Rubillós, Entrambosríos, Lameiroquente, O Casal, Zarracós, Oxén de Arriba, Olás, Vilariño, Pazos e A Ramallosa. Deixamos aquí un vídeo do mesmo:
O venres 13 de xuño, dito trazado permanecerá cortado ao tráfico dende as 18:00 da tarde ata que finalice a proba (calculamos que sobre a 1.15 da madrugada).
Como ven sendo habitual, haberá dúas pasadas:
Axuntamos o cartel, un mapa que explica en detalle o trazado e os horarios previstos e tamén o itinerario.
29 de Maio do 2025