A comisión de festas xa ten listo o programa das Neves 2025

Diversión, música e tradición do 31 de xullo ao 5 de agosto

A comisión de festas xa ten listo o programa das Neves 2025

A parroquia de Zarracós celebra un ano máis a tradicional Festa das Neves, cun completo programa que mestura actividades relixiosas, música, gastronomía e entretemento para todas as idades. A festa desenvolverase entre o 31 de xullo e o 5 de agosto, organizada pola Comisión de Festas Zarracós 2025 coa colaboración da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós.

Xoves, 31 de xullo

  • 20:00 h – Torneo de tute no local sociocultural
  • Xogos de pistas para os máis pequenos

Venres, 1 de agosto

  • 18:00 h – Xogos infantís e para maiores no campo da festa
  • 22:00 h – Txistorrada e actuación do Grupo de Acordeóns Bieito Blanco
  • 00:00 h – Música variada e karaoke

Sábado, 2 de agosto

  • 09:00 h – Alborada a cargo da charanga Nova de Trives
  • 13:00 h – Misa solemne e procesión
  • 19:00 h – Partido amigable de fútbol sala infantil
  • 20:00 h – Partido amigable de fútbol sala adultos
  • 23:00 h – Verbena con Trío Élite e xogos variados no descanso

Domingo, 3 de agosto

  • 09:00 h – Alborada a cargo da charanga Brexit
  • 13:00 h – Misa solemne e procesión
  • 19:00 h – Torneo de chave
  • 22:00 h – Verbena co Grupo Yukatán
  • 02:00 h – Gran queimada de fin de festa 
  • No descanso do grupo Yukatán sorteo de 300 € en efectivo

Martes, 5 de agosto

  • 12:30 h – Misa solemne e procesión ao Campo
  • 13:30 h – Sesión vermú no campo da festa

A Festa das Neves de Zarracós é unha cita ineludible do verán: tradición, festa e convivencia veciñal reúnense durante varios días para ofrecer unha celebración completa e participativa.

Non perdas esta oportunidade de gozar en comunidade.

27 de Xuño do 2025




Destacamos