A VII Olimpiada Rural da Broa xa está aquí!

Deporte, convivencia e tradición nas parroquias da Broa

A VII Olimpiada Rural da Broa xa está aquí!

Este verán chega cargado de deporte, diversión e tradición coa sétima edición da Olimpiada Rural da Broa, un evento que une parroquias e veciñanza arredor do espírito deportivo e o bo humor.

Datas e lugares das probas

5 de agosto - Zarracós
Balonmán e xogos variados
Ás 19:00 horas no Campo da Festa

8 de agosto - Olás
Xogos variados
Ás 19:00 horas no Campo da Igrexa

15 de agosto - Entrambosríos
Baloncesto e xogos variados
Ás 19:00 horas no Campo da Festa

23 de agosto - Corvillón
Andaina dun quilómetro e voleibol
Ás 19:00 horas no Campo da Festa

Este evento está organizado polas asociacións veciñais de Entrambosríos, Zarracós, Corvillón e Olás, coa colaboración do Concello da Merca.

Anímate a participar ou a apoiar ás diferentes parroquias. A Olimpiada da Broa é unha oportunidade perfecta para compartir, rir e celebrar o noso rural con orgullo.

15 de Xullo do 2025




Destacamos