Xoves 14 de agosto de 2025, ás 22.00 horas, na Praza do Campo en Zarracós
Este verán queremos convidarvos a unha cita moi especial no campo de Zarracós: unha noite para viaxar no tempo e reencontrarnos cos momentos e as caras que formaron parte da nosa historia recente.
O vindeiro xoves 14 de agosto, a partir das 22:00 horas (proxección ás 22:30), proxectaremos a gravación da “Velada do Nadal” celebrada en Corvillón no ano 1993, un evento do que moitas e moitos de vós fostes protagonistas ou espectadores.
Haberá servizo de bar, con palomitas e bebidas dispoñibles para quen queira acompañar a velada cun pequeno tentempié. Recomendámosvos traer a vosa cadeira e algo de abrigo por se refresca ao caer a noite.
Será unha oportunidade perfecta para compartir lembranzas, risas e anécdotas mentres vemos xuntos un anaco da nosa memoria colectiva.
Lugar: Praza do Campo de Zarracós
Data: Xoves 14 de agosto
Hora: 22:00 (proxección ás 22:30)
Non faltes, esperámoste para revivir a historia da nosa comunidade!
15 de Agosto do 2025