Balance económico festa das Neves Zarracós 2025

As contas presentan un importante saldo positivo 

Balance económico festa das Neves Zarracós 2025
Balance económico festa das Neves Zarracós 2025

Balance económico festa das Neves Zarracós 2025
Balance económico festa das Neves Zarracós 2025

Balance económico festa das Neves Zarracós 2025

Nas imaxes axuntas a este artigo podedes acceder ás contas da festa das Neves Zarracós 2025, así como, ao listado de donativos da mesma. Tal e como se pode comprobar, estas arroxan un saldo POSITIVO de +2727,29 € que se ingresarán na conta bancaria da asociación de veciños,  a falta de tres cotas por cobrar.

Este ano acadouse récord de recadación logrando xuntar a extraordinaria cifra de 13.313,60 €, cantidade realmente excepcional  sobre todo tendo en conta os tempos tan complicados que estamos vivindo. Así mesmo, grazas a ir axustando o orzamento da festa ás previsións de ingreso e a solicitar unha subvención da Deputación de Ourense para asumir parte do custe das charangas,  foi posible acadar estes importantes beneficios.

Se analizades un pouco as contas, poderedes comprobar que as cotas se manteñen estables por debaixo das 60, este ano volvéronse cobrar 58 cotas, exactamente as mesmas que en 2024, quedando pendentes de pago dúas.
 

Agradecemento

Este ano, catro rapaces de vinte e poucos anos, que aínda que viven espallados por diferentes recunchos de España seguen levando moi dentro as súas raíces e o amor por esta terra, asumimos con medo pero tamén cun enorme orgullo a organización das festas patronais do noso querido Zarracós. Fixémolo o mellor que soubemos, coa ilusión de devolver un anaquiño de todo o que este pobo nos ten dado nos mellores anos da nosa infancia.

Queremos dar as grazas a todo o pobo, que confiou en nós dende o primeiro día e nos apoiou en cada paso. Grazas a quen colaborou con donativos, a quen participou no tute, na chave, no fútbol, na chourizada ou simplemente se achegou a celebrar connosco. Grazas tamén a todos aqueles que mercaron rifas, mesmo sen saber con exactitude onde se atopa Zarracos no mapa: ese xesto fala de cariño e de confianza.

Un agradecemento para Bieito e ao seu grupo de acordeóns por poñer música, unha vez máis, á noite do venres. A Mónica, Edmundo, María Jesus e Delfina, pola súa axuda e xenerosidade na preparación da chourizada. A Antonio, Paula e Toño, por conducir con tanto acerto a alborada do sábado, e a Iñaki e Miguel, por guiar a do domingo. Grazas, Izan, por ser dono das alturas; grazas ás veciñas que con tanto agarimo e devoción prepararon o arco da Virxe; grazas aos músicos que acompañaron o seu percorrido e encheron de vida as nosas rúas.

Queremos dar tamén as grazas  a José Manuel e Ana, polo seu apoio constante, pola súa axuda e por un traballo incansable que fixo posible que estas festas foran o reflexo do que somos: un pobo que segue vivo, unido, orgulloso da súa historia e coa mirada posta no futuro.

Zarracós non é só un lugar no mapa: é un fogar compartido, unha lembranza inesquecible, un latexar común que levamos no corazón. Estas festas lembráronnos, unha vez máis, que a forza dun pobo está na súa xente.

Grazas, de todo corazón.

Aroa, Brais, Gabriel e Iria

30 de Agosto do 2025




Destacamos