IV Xantar Popular do San Andrés en Zarracós

Un encontro para compartir gastronomía, amizade e festa veciñal o 29 de novembro de 2025

IV Xantar Popular do San Andrés en Zarracós

Tras un tempo de parón, volvemos celebrar o noso patrón... recuperamos o Xantar Popular do San Andrés que este ano chegará a súa IV Edición.

 A cita será o sábado 29 de novembro ás 14.00 horas no local sociocultural de Zarracós.

Menú da ocasión:

  • Empanada
  • Churrasco mixto
  • Criollo
  • Chourizo parrilleiro
  • Bica
  • Bebidas, café e chupitos

O prezo é de 20 € por persoa. Os nenos e nenas de 6 a 12 anos pagarán 10 €, mentres que os menores de 6 anos poderán asistir de balde.

O prazo límite de inscrición remata o domingo 23 de novembro.

Debido ás dimensións do local, o aforo será limitado a 75 persoas, tendo sempre preferencia os socios e socias da asociación veciñal.

A comida será servida por Bar Tito de Villavidal (Ramirás), un coñecido para veciñanza pois acude ás nosas festas da Virxe das Neves co bar.

Boa comida, boa compaña e moita festa! Non perdas a ocasión de compartir unha xornada única na que Zarracós se xunta para celebrar ao grande o noso patrón.

Reserva a túa praza e vén gozar con nós do IV Xantar Popular do San Andrés!

 

13 de Setembro do 2025




Destacamos