Domingo, 5 de outubro de 2025, ás 10:45 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda convocatori
A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós convoca a todos os seus socios á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o vindeiro domingo, 5 de outubro, ás 10:45 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda convocatoria (11:15 horas), no local sociocultural de Zarracós, cos seguintes puntos na orde do día:
Renovación / Designación novos membros da Xunta Directiva
Presentación de contas
Cambio da conta bancaria de entidade
Medidas a adoptar fronte aos incendios forestais
Festa das Neves 2026
Estado solicitude de melloras para a parroquia
Rogos e preguntas
Esperando que asistan dada a importancia dos temas a tratar, reciban un cordial saúdo.
21 de Setembro do 2025