XI Concerto de Nadal de Zarracós 2025

Música, tradición e espírito de Nadal na nosa parroquia

 XI Concerto de Nadal de Zarracós 2025

O sábado 27 de decembro, ás 19:30 horas, a Igrexa Parroquial de Zarracós encherase de música, emoción e espírito nadalicio coa celebración do XI Concerto de Nadal de Zarracós, unha cita xa imprescindible para veciños e visitantes.

Nesta edición tan especial contaremos cun magnífico elenco de artistas que nos farán gozar dunha tarde inesquecible: o Grupo de Pandeireta de Zarracós, Laila Franqueira (piano), Álvaro Rial (piano), César Cuquejo e Bieito Blanco, Xan Pérez e Bieito Blanco, Baldomero Pavón (tenor), Marta Justo (canto) e o Grupo de Acordeóns Bieito Blanco, que nos acompañarán con melodías cheas de tradición e sentimento.

Este concerto é posible grazas á colaboración da Escola de Música Bieito Blanco, a Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós, Parroquia de Zarracós e a Xan Pérez, aos que queremos expresar o noso máis sincero agradecemento polo seu compromiso coa cultura e coa música.

Convidámosvos a todas e todos a compartir esta celebración, a gozar da música en comunidade e a vivir xuntos a maxia do Nadal na parroquia de Zarracós.

19 de Decembro do 2025




Destacamos