A conta bancaria da asociación de veciños está agora en Caixa Rural Galega de Allariz
A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós xa completou o cambio na súa xestión financeira e, desde o ano 2026, traballa con Caixa Rural Galega (Allariz), deixando de facelo con ABANCA (A Manchica).
Esta decisión tomouse na asemblea xeral extraordinaria celebrada o pasado 5 de outubro de 2025 co obxectivo de reducir os custos operativos e optimizar os recursos da asociación, permitindo unha xestión máis eficiente dos fondos.
O novo número de conta bancaria da asociación é o seguinte:
Agradecemos a comprensión e o apoio de todas e todos nesta decisión, que contribúe a mellorar o funcionamento e a sustentabilidade económica da asociación.
30 de Decembro do 2025