Preparados para a prevención de incendios forestais na nosa parroquia

A asociación de veciños reforza medios e información para protexer aldeas e montes

Preparados para a prevención de incendios forestais na nosa parroquia

Nos últimos anos, os incendios forestais tornáronse unha preocupación cada verán en Galicia, achegándose cada vez máis ás nosas aldeas, casas e montes. Factores como o despoboamento do rural, o abandono das terras, a acumulación de biomasa e as secas prolongadas favorecen a rápida propagación do lume.

Aínda que moitas destas causas dependen das administracións públicas, a nosa asociación de veciños decidiu actuar para estar mellor preparados. Desde a chegada da traída municipal de auga en 1998, dispomos de mangueiras e accesorios en cada aldea para a loita inicial contra incendios. Agora, reforzamos este equipamento con seis batelumes (2 en cada aldea) e tres chaves en T (1 en cada aldea), localizados nos fornos comunais.

Ademais, lanzamos unha nova sección na páxina web dedicada á Prevención de incendios forestais, onde se recolle toda a información relevante para concienciar e orientar á veciñanza. O obxectivo é actuar con prudencia e organización para protexer as persoas, as vivendas e o noso patrimonio natural ante posibles incendios.

pulsar para visitar a sección prevención de incendios

17 de Xaneiro do 2026




Destacamos