Xornada de limpeza do forno comunal de Zarracós

Sábado 24 de xaneiro de 2026 ás 10:00 horas

Xornada de limpeza do forno comunal de Zarracós

Dende a última festa do pan celebrada no ano 2012, o forno comunal de Zarracós deixou de utilizarse de maneira habitual, o que provocou que, co paso do tempo, a súa situación de abandono e desleixo fose en aumento. Na actualidade, o estado no que se atopa non é o máis axeitado nin acorde co valor patrimonial e social que este forno representa para a nosa comunidade.

Por este motivo, e coa finalidade de recuperar e poñer en valor este espazo común, convocamos a todos os veciños e veciñas de Zarracós a participar nunha xornada de limpeza e acondicionamento do forno comunal, que terá lugar o vindeiro sábado 24 de xaneiro de 2026, a partir das 10:00 da mañá.

A participación de todos será fundamental para levar a cabo os traballos previstos, polo que se agradece que cada persoa asista provista da súa propia ferramenta de limpeza ou traballo, na medida do posible. Entre todos e todas poderemos mellorar o estado do forno e contribuír á conservación deste elemento tan representativo da nosa parroquia.

 

19 de Xaneiro do 2026




Destacamos