Mellora dos accesos e da seguridade viaria en Zarracós

As obras dan resposta parcial a vellas demandas da veciñanza

Mellora dos accesos e da seguridade viaria en Zarracós

Remataron as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Zarracós, unha actuación que dá resposta, aínda que de maneira parcial, a unha vella demanda desta asociación de veciños.

Na coñecida como “entrada das Santas” levouse a cabo un asfaltado, mentres que na entrada da Igrexa Parroquial optouse por tapar as fochancas existentes, mellorando así as condicións de acceso e seguridade.

Non obstante, cómpre salientar que nas solicitudes presentadas ante o Concello da Merca tamén se incluía a petición de mellorar a estrada municipal que comunica Zarracós con Salpurido e O Casal. Trátase dunha vía moi utilizada que comeza a presentar múltiples fochancas ao longo do seu trazado, polo que resulta necesario, a medio prazo, dar continuidade ás actuacións pendentes co fin de ofrecer unha resposta completa ás necesidades da veciñanza da zona.

Así mesmo, tamén se deu solución ao problema de seguridade viaria que xeraba o cambio de rasante situado á altura da entrada do campo da festa da parroquia. A actuación realizada consistiu no ensanchado da vía pola marxe dereita en sentido á Igrexa Parroquial de Zarracós, o que permitiu mellorar notablemente a visibilidade e eliminar a sensación de estreitamento da calzada nun punto especialmente perigoso tanto para peóns como para vehículos. Destacar que tamén se desprazaron todos os contedores do lixo un metro cara atrás. Con esta intervención redúcese o risco de accidentes nun tramo no que, ata agora, os condutores se vían obrigados a circular pola cuneta para poder trazar a curva con maior seguridade.

Porén, cómpre lamentar que, unha vez realizados os traballos, un vehículo circulase sobre o cemento aínda fresco, provocando unha fochanca considerable e danando parcialmente a actuación recentemente executada.

Estas obras foron realizadas pola empresa Viso e Hijos S.L. e forman parte dun proxecto municipal máis amplo de mellora de estradas. No caso concreto da nosa parroquia, o investimento destinado ascendeu a aproximadamente 8.409 euros.

Por último, e no relativo a outras actuacións levadas a cabo na parroquia, cómpre destacar que a brigada de obras do Concello da Merca procedeu tamén ao ensanchado da rúa situada fronte á casa de Carmiña e Alfredo. Esta mellora permite realizar os xiros tanto cara ao Barrio do Outeiro como en dirección á Praza do Campo e á Igrexa Parroquial sen necesidade de efectuar múltiples manobras. A obra atópase aínda pendente de remate e, desde a asociación de veciños, agardamos que se complete respectando os criterios de intervención sobre o patrimonio e os materiais tradicionais existentes.

Desde a asociación veciñal amosamos a nosa satisfacción pola execución destas actuacións e confiamos en que poidan atenderse nun futuro próximo o resto das demandas presentadas por esta entidade.

02 de Febreiro do 2026

Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
Asfaltado Zarracós Xaneiro 2026
 

Destacamos