Todo por aprender: Reto Rural Dixital chega a Zarracós

Formación básica en competencias dixitais para persoas do rural

Todo por aprender: Reto Rural Dixital chega a Zarracós

O Reto Rural Dixital chega a Zarracós cun curso básico dirixido a persoas que queiran mellorar as súas competencias dixitais e sentirse máis seguras no uso da tecnoloxía no día a día. Esta formación forma parte do programa Todo por aprender, cuxo obxectivo é que ninguén quede atrás na transformación dixital, especialmente no ámbito rural.

O curso terá lugar no Local Social de Zarracós os días 23, 24 e 25 de febreiro de 2026, cun horario de mañá e unha duración total de 8 horas. Durante a formación abordaranse contidos prácticos como o uso básico do smartphone, a seguridade no móbil, as aplicacións máis habituais, as redes sociais, a detección de bulos e noticias falsas, e a creación de contidos audiovisuais sinxelos.

Para poder participar é obrigatorio presentar o DNI, que será escaneado polo/a formador/a, e recoméndase acudir cun dispositivo móbil propio, no caso de dispoñer del. As persoas beneficiarias deberán estar empadroadas nun municipio de menos de 5.000 habitantes. Preferencia para persoas maiores de 60 anos.

O grupo contará cun mínimo de 10 e un máximo de 15 participantes, co fin de garantir unha atención próxima e personalizada.

Para inscribirse ou solicitar máis información, as persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 650 18 67 32, en contacto con José Manuel (secretario da asociación de veciños).

Trátase dunha excelente oportunidade para aprender, compartir e gañar confianza no uso das ferramentas dixitais nun entorno próximo e acolledor.

04 de Febreiro do 2026




Destacamos