Palco do campo da festa

Ampliación do mesmo e construcción dos aseos

Vendo que o palco que existía se quedaba pequeno para as orquestras que estaban vindo a actuar polas festas, decidiuse ampliar este e así ,de paso, aumentar tamén o local social do que dispón a Asociación no baixo do citado palco, foi entón cando se solicitou unha subvención a Xunta de Galicia que foi concedida, pero que non era suficiente para toda a obra, entonces pediuselle colaboración ó concello que aportou a man de obra e o diñeiro que facia falta.

Posteriormente , e dado que o local social se estaba a utilizar para todo tipo de actividades, viuse a necesidade de dotalo de baños, de novo solicitouse outra subvención que escasamente deu para o material, e pediuse a colaboración do concello que aportou a man de obra.
01 de Xullo do 2009




Destacamos