Xantar Popular do San Ceriz 2026 – XXVII edición

Sábado 20 de xuño, 14:00h, Campo da festa de Zarracós

Xantar Popular do San Ceriz 2026 – XXVII edición

Un ano máis… e xa van 27! Volvemos coa festa máis saborosa do verán en Zarracós

Temos o pracer de presentarvos o cartel da XXVII edición do Xantar Popular do San Ceriz, unha cita xa clásica onde non falta boa comida, mellor ambiente e moitas ganas de pasalo ben. Mantemos a aposta segura repetindo con Pulpería A Morena, porque se algo funciona… para que cambialo?

Cando? Sábado 20 de xuño de 2026 ás 14:00h
Onde? No campo da festa de Zarracós

Prezos:

  • Nenos de 5 a 10 anos: 18€
  • Resto de asistentes: 35€

Menú (para saír rodando):
Empanada, polbo, carne ó caldeiro, pan, bica, viño, auga e café  (e xa sabemos que non faltará algo para rematar)

Inscricións abertas ata o 14 de xuño

Non quedes sen sitio! Xunta á túa xente e ven desfrutar dun día de festa, tradición e boa comida 

28 de Abril do 2026




Destacamos