Fiadeiro de Zarracós 2026

Domingo, 21 de xuño de 2026, a partires das 18:30 horas no campo da festa de Zarracós

Fiadeiro de Zarracós 2026

As alumnas e alumnos do curso de pandeireta e canto tradicional teñen preparada unha boa foliada para celebrar o remate do curso como mellor sabemos: con música, troula e moitas ganas de pasalo ben!

O vindeiro domingo 21 de xuño vémonos no campo da festa para compartir unha tarde chea de cantos, pandeiretas, risas e ambiente do bo. Porque un fiadeiro non se explica… vívese!

  • Haberá música e festa da boa
  • Sorteos ao longo da tarde
  • E igual ata cae algunha merendiña para repoñer forzas ;D

Así que xa sabedes: traede ganas de cantar, bailar, palmear… ou simplemente de gozar dun bo rato en compañía!

Estades tod@s máis que convidad@s!

Dende a Asociación de Veciños de San Andrés de Zarracós queremos agradecer especialmente a colaboración do gran mestre Xan Pérez, encargado de impartir o curso e de transmitirnos o amor pola nosa música tradicional.

 

19 de Maio do 2026




Destacamos