O Rallye de Ourense repetirá por quinto ano consecutivo o seu paso pola parroquia de Zarracós

O tramo A Merca – Celanova volverá atravesar a parroquia con dúas pasadas na mañá e na tarde do 13 de xuño

O Rallye de Ourense repetirá por quinto ano consecutivo o seu paso pola parroquia de Zarracós
O Rallye de Ourense repetirá por quinto ano consecutivo o seu paso pola parroquia de Zarracós

O Rallye de Ourense repetirá por quinto ano consecutivo o seu paso pola parroquia de Zarracós
O Rallye de Ourense repetirá por quinto ano consecutivo o seu paso pola parroquia de Zarracós

Por quinto ano consecutivo, a organización do 59 Rallye de Ourense volve escoller o tramo A Merca – Celanova, que atravesa a nosa parroquia, para formar parte dunha das probas automobilísticas máis importantes do panorama estatal, puntuable para o Campionato de España. Un ano máis, Zarracós converterase nun dos puntos de referencia para os afeccionados ao motor na xornada do sábado 13 de xuño de 2026.

O trazado será idéntico ao das últimas edicións, pasando por A Merca, Proente, Rubillós, Entrambosríos, Lameiroquente, O Casal, Zarracós, Oxén de Arriba, Olás, Vilariño, Pazos e A Ramallosa. Trátase dun tramo moi valorado tanto polos pilotos como polos seguidores pola súa combinación de zonas rápidas, curvas técnicas e fermosas paisaxes do sur ourensán.

Nos últimos anos, o paso do rally pola parroquia foi consolidándose como unha auténtica festa do motor, reunindo a centos de persoas en puntos xa emblemáticos como o campo da festa, a baixada da Trina ou o cruce das Santas, lugares onde cada edición se vive un ambiente espectacular cheo de emoción, animación e paixón polos rallyes.

O sábado 13 de xuño, o trazado permanecerá cortado ao tráfico dende primeira hora da mañá e durante boa parte da tarde para garantir a seguridade da proba e do público asistente. Dende a organización e tamén dende a asociación de veciños faise un chamamento ao civismo e ao respecto polas indicacións de seguridade para que a xornada transcorra, un ano máis, sen incidentes e nun ambiente festivo.

Como vén sendo habitual, haberá dúas pasadas:

  • TC8: o primeiro participante sairá ás 11:10 da mañá
  • TC11: o primeiro participante sairá ás 15:55 da tarde

Ao igual que nas edicións anteriores, espérase unha gran presenza de afeccionados e moita emoción ao longo de toda a xornada, nun evento que xa forma parte do calendario marcado en vermello para moitos veciños e visitantes.

Axuntamos tamén o cartel oficial, o mapa detallado do tramo, os horarios previstos e o itinerario da proba.

25 de Maio do 2026




Destacamos