Sábado, 6 de xuño de 2026, ás 8:30 horas no Campiño da igrexa parroquial
Facemos un chamamento a todas as persoas que desexen colaborar para que se acheguen ao campiño da igrexa ás 8:30 da mañá, contribuíndo entre todos ao coidado e embelecemento deste espazo tan importante para a nosa parroquia.
Recoméndase traer algunha ferramenta axeitada para os traballos de limpeza e mantemento que se vaian realizar.
Toda colaboración será benvida e de gran axuda para que a contorna da igrexa presente o mellor aspecto posible de cara ás celebracións festivas.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración e participación.
31 de Maio do 2026