Participa no sorteo, gaña grandes premios e axuda a facer posible unha nova edición da nosa festa
Un ano máis, a comisión de festas e a asociación de veciños comezamos a traballar con ilusión para facer realidade a Festa das Neves 2026. Para colaborar co financiamento da celebración, nos vindeiros días poranse á venda as rifas do tradicional sorteo que terá lugar de xeito presencial na noite do 9 de agosto de 2026.
As papeletas terán un prezo de 1 € e, como promoción especial, por cada 5 rifas mercadas regalarase unha máis. É dicir, levarás 6 rifas polo prezo de 5.
Os premios deste ano serán:
1º Premio: 200 €
2º Premio: 100 €
3º Premio: Lote de queixos de Queixos Feijóo
Cada rifa é unha contribución para que a parroquia de Zarracós poida seguir celebrando unhas festas que forman parte da nosa identidade e tradición.
Agradecemos de antemán a colaboración de todas as persoas que, un ano máis, fan posible a Festa das Neves.
Colabora, participa e axúdanos a facer realidade a Festa das Neves 2026.
01 de Xuño do 2026