A novena celebrarase do 29 de xullo ao 6 de agosto e culminará coa solemne misa e procesión do día da patroa, dentro das Festas das Neves.
A parroquia de San Andrés de Zarracós prepara un ano máis a celebración das tradicionais Misas na honra á Virxe das Neves, un dos actos centrais das Festas das Neves e unha cita moi especial para veciños, veciñas e persoas que cada verán regresan á parroquia.
Como preparación espiritual para a festividade da patroa, celebrarase a Novena na honra á Virxe das Neves do 29 de xullo ao 6 de agosto, con celebración diaria na igrexa parroquial.
As celebracións principais terán lugar nas seguintes datas:
Desde a parroquia convídase a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a participar nestas celebracións, que combinan a devoción relixiosa co reencontro e a convivencia, mantendo viva unha tradición profundamente arraigada na parroquia de Zarracós.
23 de Xullo do 2026