A Asociación de Veciños fai un chamamento á participación veciñal para continuar mellorando un dos espazos máis representativos da parroquia.
O vindeiro mércores 29 de xullo, ás 8:30 da mañá, celebrarase unha nova xornada de traballo comunitario destinada á adecuación do xardín da igrexa parroquial.
Durante a xornada realizaranse labores de preparación do terreo, consistentes na colocación dunha malla antiherba, que posteriormente será cuberta con grava, co obxectivo de facilitar o mantemento do espazo e mellorar a súa imaxe.
A organización lembra que cada persoa participante deberá traer a súa propia ferramenta, para facilitar o desenvolvemento dos traballos.
Desde a Asociación de Veciños anímase a toda a veciñanza a colaborar nesta iniciativa. A participación de todas e todos é fundamental para seguir coidando e mellorando os espazos comúns da parroquia. Grazas ao esforzo colectivo é posible conservar un entorno limpo, ordenado e agradable para toda a veciñanza.
23 de Xullo do 2026