Asfaltado do vial entre Salpurido e Corbillón

A Excma. Deputación de Ourense realizaba esta obra na pasada semana

Durante as pasadas semanas o Excmo. Concello de A Merca en coloboración coa Excma. Deputación Provincial de Ourense procedían a asfaltar a estrada de Salpurido a Corbillón. O arranxo no tramo dende Salpurido a Cobas do Río foi un asfaltado prácticamente completo mentres que no tramo de Cobas a Corbillón foi un "bacheado".

Completábase así, unha obra demandada en múltiples ocasión pola directiva desta Asociación de Veciños, dado que o vial, principalmente dende Salpurido a Cobas se atopaba en malas condicións.

30 de Outubro do 2010




Destacamos