As festas 2015 da parroquia de Zarracós xa están na ferramenta VOU! Axenda.com

As festas 2015 da parroquia de Zarracós xa están na ferramenta VOU! Axenda.com

Dende a Asociación de Veciños tentamos dar a maior difusión e visibilidade á festa das Neves 2015, para que toda a provincia saiba que en Zarracós estamos de festas! e se poden, como non, que se animen a facernos unha visita que de seguro que pasaran unha velada agradable.

Desta volta o programa festeiro da nosa parroquia figura na ferramenta de difusión cultural VOU! Axenda.com, un portal web coa súa aplicación Android correspondente na que se pode consultar a meirande parte da oferta cultural da provincia de Ourense.

Dende aquí queremos expresar o noso máis profundo agradecemento ao equipo desta páxina por proporcionarnos unha ferramta tan útil totalmente de balde e darnos a oportunidade de poder difundir todas as actividades que realizamos.

Visiar VOU! Axenda.com

14 de Xullo do 2015




Destacamos