Precísase axuda para organizar os xogos infantís 2015

Para que imaxes como a que acompañan este artigo se poidan repetir, precisamos da vosa axuda o vindeiro venres día 7 de Agosto

Precísase axuda para organizar os xogos infantís 2015

Dende a Asociación de Veciños precisamos da vosa axuda para poder levar a cabo os xogos infantís do venres, día 7 de Agosto. Todas aqueles que vos decidades a axudarnos sería necesario estar no campo da festa a iso das 5 da tarde coa finalidade de ir organizando e realizando diversas tarefas: "monitor", inchar globos, estructurar as diferentes probas, aportar ideas, etc... Todos aqueles que estedes dispostos/as a axudar agrádecese unha mensaxe privada a través do Facebook ou de calquera outra vía, para saber con canta axuda contamos

De antemán moitas grazas a todos aqueles que vos animedes a colaborar activamente nas festas, só se todos axudamos se poden facer cousas!

22 de Xullo do 2015




Destacamos